martes, 26 de mayo de 2009

Un xeito de aprender.


Sara Ming é unha nena que chegou da China,da mesma China que fabrica monequiños de Ping e Pong,da que engaiola paxaros para vendelos nas tendas de "todo a cen".
Veu para Galicia con so dous anos,delgada como un fieito pequeno e triste coma unha horta sen chuvia.Ao principio choraba por case todo e nin os seus novos pais nin a pediatra sabían a que se debía tanta tristura.Pasaron os días e pouco a pouco con moitos bicos e moita falta de sono dos seus pais parou de chorar.
A avoa faláballe a modiño,o avó cantáballe cancións das festas e a súa madriña arrincáballe risos cas cóxegas que lle facía na barriga.Medrou a nosa Sara como medran as rosas nos xardíns ben fertilizados,bicos e mimos a modo de esterco.
Pero Sariña non falaba,nin dicía-mamá-nin -papá.Probaron co mandarín estándar baixado directamente da rede e aínda así todo,nada.Xa non sabían que máis facer,a pediatra seguía a dicer que non había problema,que xa racharía a falar,que a nena necesitaba escoitar e escoitar,que xa sairían os froitos.
A receita foi cumprida porque todo o día a Sara falábanlle,cantábanlle,non so a súa familia,tamén os veciños,nas tendas da vila,na farmacia.....
A ver cando saía o froito porque a semente as veces sobraba.
Iso foi o que pasou.Chegaron as festas do Patrón e Sara cos seus tres anos e o seu vestidiño amarelo corría arredor do palco da música.Tanto trouleou que cansadiña terminou no colo do seu pai adormecida.O grupo que amenizaba a verbena voltou do descanso e a música comenzou a soar.Como si dun resorte mecánico se tratara Sara brincou no colo cunha perguiza morrinenta para cantar ben alto:

A saia das Calolinas
ten un lasgarto pintado
cado Calolina baila
o lasgarto dalle ao rabo......

23 comentarios:

Deambulando con Artabria dijo...

Bailaches Carolina? Bailei, si señor......dime con que bailaches.....

Preciosa canción, a quen non lla cantaron de pequeno eh........e fermosa tamén a historia.

Xa era hora de que volveras a escribir. Un biquiño.

Mar Arável dijo...

Como sempre

Belo e carinhoso

Carlos Sousa dijo...

Moi entrañable. Supoño que a rapaza lle custaría soltarse, pero ó escoitar esta canción, non lle quedou máis remedio que cantala e disfrutala, que para iso é "nosa".

Ó millor ata coñecía a verdadeira e preciosa historia desta canción que nos desvelou Vintxuca. Se che cadra pincha neste enlace.Benvida ó chollo.

Raposo dijo...

Ai, o poder engaiolante da música, que amansa as feras, que supera medos, que derrite fronteiras!
Sara xa é unha galeguiña mais!!!

Chousa da Alcandra dijo...

Sempre tiven moi clariño que ser nai/pai supera o feito xenético e significa moito máis que "enxendrar". Con esta historia queda corroborado, matizado e demostrado con ese supremo intento cando "...Probaron co mandarín estándar baixado directamente da rede...O que non fagan pais/nais por fillos/fillas...simplemente non existe!

Claro que as axudiñas valen. E a música é unha ferramenta caralluda (para todo!!!); así que o lagarto pintado da Calolina ben merece darlle ó rabo cando a Saliña decidiu que ía falar

Paz Zeltia dijo...

Encantoume a historia, e a maneira de contala!
Moi tierniña.
E ademais do sorriso pola historia, vume un de máis adentro, do fundo da memoria:
(o meu fillo a primeira palabra que dixo foi papá, mamá, e "cocacola", -por mis muertos-)

Son Unha Xoaniña dijo...

Fermosa historia, fíxome lembrar a outra nena tamén chinesa que coñecín o verán pasado estando de vacacións, daba gusto oila falar en Galego.
Apertas.

Xan dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Doutora Seymour dijo...

Sara vai ser unha meniña moi retranqueira!

poemas de ruben dijo...

Hermosa y emotiva historia.Las canciones como abecedario,como primeras palabras de un idioma que nace, que empieza a enamorar a una niña que parecía distinta...

~pi dijo...

sara cantou a canção

sara aceitou a música a língua

a dança,

sara adormeceu :)


( lindo!




beijo




~

Unknown dijo...

e que non che hay coma as coplas de todalavida para que a xente esperte do seu letargo....
e foi asi como sara descubreu a sua ialma de galego oriental

moi tenra, gustoume moito

paideleo dijo...

Se non é conto, é cousa de marabillarse.

O Profeta dijo...

Mil caminhos
Esta viagem sem velas nem vento
Este barco na bolina das ondas
Esta chuva miúda transborda sentimento

Amarras prendem o gesto
Arrocham um coração que bate incerto
Uma gaivota retoca as penas com espuma
Levanta voo em rumo concreto

Partilha comigo “100 Anos de Ilusão”


Mágico beijo

São dijo...

Um mimo de ternura este teu belo texto...

Bem hajas!!

Nébeda Piñeiro Barros dijo...

adoro a Modigliani. que ben senta abrir un blog e que aparecen esas mulleres del tan bonitas.

quenindiola dijo...

Ola Vermella, eu teño unha nena de vinte meses e aínda que a nai e na gardería só lle falan en castelán, eu fálolle en galego o pouco tempo que se me permite estar con ela.

De momento só di unha palabra:

"o-la"

Así, en galego!

Bicos e graciñas polas túas visitas

Paz Zeltia dijo...

vin para deixarche un saudiño:
¿preparándote para o solsticio?

fgul dijo...

moitas grazas Vermelha!!!

Suso Lista dijo...

Ola de novo.Volvín a volver. Bico grande

Paz Zeltia dijo...

tú sí que te lo tomas con calma!

:-)

¿para cuando las vacaciones?

São dijo...

Espero que tudo esteja bem contigo.

Um abraço, com morrinha.

A Conxurada dijo...

Unha historia ben fermosa...coma todas as que nos contas...