lunes, 9 de noviembre de 2009

Misterios da vida e da morte.

Tardei moito tempo en decatame de que tiña novo veciño,xa se sabe a rutina e os horarios infernais dan que as coincidencias sexan ocasionais.
Un día tendendo a roupa unha cortina voando libre ao vento chamou a miña atención.Nunca antes vira aquela ventá aberta,nin me fixara que había cortinas.Coa curiosidade que dan as cousas fóra do común asomeime pousando o meu crpo no antepeito da ventá,nesa postura estaba cando a cortina axudada por unha man deixou de correr polo patio.Pola tardiña cando xa tiña esquecido o incidente chamaron á porta sen facer uso do timbre,un peto pequeno seguido doutro máis musical.Deixei que se repetira ao tempo que me preguntaba quen chamaría dese xeito.Ao abrir,ante mín un home maior e ben vestido,deume a boa tarde nun acento descoñecido e gutural.Presentouse como o Sr.Plataz,cun z moi sonoro,díxome que era o novo inquilino do piso e que como me vira tan intrigada pasaba a presentarse.Todo o meu sangue subiu á présa polas miñas meixelas causasándome unha vergoña que me fixo explicarme tatexando:
-perdóeme,é que,que non sabía que "vivivira" ninguén.
O home que de certo pensaba que eu era idiota,soltoume:
-Algúen sempre vive e alguén sempre morre.
Ese día a nosa conversa rematou dese xeito tan filosófico e un ata logo por ambas partes.Tardei dous días en volvelo ver,foi na escaleira e despois de darnos os "bos días" díxome que lle gustaría convidarme a tomalo té.
Aínda que eu son máis de café que de té,aceptei e quedamos para a tarde,eran as seis cando chamei a súa porta.No momento xusto de entrar xa notei que o mundo que xiraba alí dentro era distinto.Un arrecendo a amorodos invadía todo,unha luz pouco intensa case non deixaba vernos as caras,un colorista santo alado penduraba da parede obsevándonos.Unha mesa redonda e pequena cuberta cun pano vermello era o centro do salón,enriba había unha morea de cunchas e pedriñas.Deixoume soa un momento e volveu cunha bandexa na que traía o té e dúas copiñas dun licor branco e transparente que ben podía ser caña.Empezou a falar contándome que era de Kiev,pero que casara cunha asturiana,"unha nena da guerra",por iso sabía falar tan ben español.Dábame moita mágoa saber tan pouco do seu país,así que empecei interesándome pola bandeira que había na parede.Azul e amarelo son dúas cores que casan ben,o mar e o sol,o ceo e a forza da vida.
O Sr.Plataz seguía falando,estábame a explicar que ao té engadíalle marmelada de amorodos ao xeito do seu país,que o licor era Nevodujal,unha especie de auga mel con vodka,e que o doce que me servía era un Priancki,un tipo de pan con xenxibre....
Eu fascinada con tanto agasallo e atención,probaba as especialidades ao tempo que o convidaba a unha merenda na miña casa.Deste xeito comenzamos a ve-las similitudes entre a gastronomía galega e súa.Uns e outros comemos moitas patacas,gustamos dos pratos de culler,do allo e incluso compartimos a empanada como prato das festas.Co segundo grolo de licor xa me sentín máis libre e entón pregunteille que eran aquelas pedras que tiña na mesa.A resposta non puido ser menos esperada,tiña poderes especiais para cambialo futuro,para encauzalo ao gusto do interesado.Eu non me puiden mostrar máis escéptica,a miña cara era o reflexo da miña incredulidade.El non se puido mostrar menos molesto,así que directamente retoume:
-Si non me cres,pensa nun desexo para o teu futuro e a través das pedras que toques intentarei que se cumpra.Iso sí,non pode ser un desexo material,nin podes dicirmo.
Á miña mente viñan todo tipo de imaxes,pero so conseguín tramitar unha orde ao meu cerebro,intentaba cambiala pero volvía.As pedras na miña man transmitían a friaxe do meu pensamento para trocarse mornas polos nervios.Soltéinas na mesa e unha pequeniña quedou no medio rodeada polas demáis.
-Desexo concedido,dixo o Sr.Plataz.
Ao día de hoxe aínda non sei si crer ou non porque o desexo que acudiu á miña mente foi non morrer soa.Desexo e espero tarde moito tempo en cumprise ou deixarse de cumprir.