lunes, 9 de noviembre de 2009

Misterios da vida e da morte.

Tardei moito tempo en decatame de que tiña novo veciño,xa se sabe a rutina e os horarios infernais dan que as coincidencias sexan ocasionais.
Un día tendendo a roupa unha cortina voando libre ao vento chamou a miña atención.Nunca antes vira aquela ventá aberta,nin me fixara que había cortinas.Coa curiosidade que dan as cousas fóra do común asomeime pousando o meu crpo no antepeito da ventá,nesa postura estaba cando a cortina axudada por unha man deixou de correr polo patio.Pola tardiña cando xa tiña esquecido o incidente chamaron á porta sen facer uso do timbre,un peto pequeno seguido doutro máis musical.Deixei que se repetira ao tempo que me preguntaba quen chamaría dese xeito.Ao abrir,ante mín un home maior e ben vestido,deume a boa tarde nun acento descoñecido e gutural.Presentouse como o Sr.Plataz,cun z moi sonoro,díxome que era o novo inquilino do piso e que como me vira tan intrigada pasaba a presentarse.Todo o meu sangue subiu á présa polas miñas meixelas causasándome unha vergoña que me fixo explicarme tatexando:
-perdóeme,é que,que non sabía que "vivivira" ninguén.
O home que de certo pensaba que eu era idiota,soltoume:
-Algúen sempre vive e alguén sempre morre.
Ese día a nosa conversa rematou dese xeito tan filosófico e un ata logo por ambas partes.Tardei dous días en volvelo ver,foi na escaleira e despois de darnos os "bos días" díxome que lle gustaría convidarme a tomalo té.
Aínda que eu son máis de café que de té,aceptei e quedamos para a tarde,eran as seis cando chamei a súa porta.No momento xusto de entrar xa notei que o mundo que xiraba alí dentro era distinto.Un arrecendo a amorodos invadía todo,unha luz pouco intensa case non deixaba vernos as caras,un colorista santo alado penduraba da parede obsevándonos.Unha mesa redonda e pequena cuberta cun pano vermello era o centro do salón,enriba había unha morea de cunchas e pedriñas.Deixoume soa un momento e volveu cunha bandexa na que traía o té e dúas copiñas dun licor branco e transparente que ben podía ser caña.Empezou a falar contándome que era de Kiev,pero que casara cunha asturiana,"unha nena da guerra",por iso sabía falar tan ben español.Dábame moita mágoa saber tan pouco do seu país,así que empecei interesándome pola bandeira que había na parede.Azul e amarelo son dúas cores que casan ben,o mar e o sol,o ceo e a forza da vida.
O Sr.Plataz seguía falando,estábame a explicar que ao té engadíalle marmelada de amorodos ao xeito do seu país,que o licor era Nevodujal,unha especie de auga mel con vodka,e que o doce que me servía era un Priancki,un tipo de pan con xenxibre....
Eu fascinada con tanto agasallo e atención,probaba as especialidades ao tempo que o convidaba a unha merenda na miña casa.Deste xeito comenzamos a ve-las similitudes entre a gastronomía galega e súa.Uns e outros comemos moitas patacas,gustamos dos pratos de culler,do allo e incluso compartimos a empanada como prato das festas.Co segundo grolo de licor xa me sentín máis libre e entón pregunteille que eran aquelas pedras que tiña na mesa.A resposta non puido ser menos esperada,tiña poderes especiais para cambialo futuro,para encauzalo ao gusto do interesado.Eu non me puiden mostrar máis escéptica,a miña cara era o reflexo da miña incredulidade.El non se puido mostrar menos molesto,así que directamente retoume:
-Si non me cres,pensa nun desexo para o teu futuro e a través das pedras que toques intentarei que se cumpra.Iso sí,non pode ser un desexo material,nin podes dicirmo.
Á miña mente viñan todo tipo de imaxes,pero so conseguín tramitar unha orde ao meu cerebro,intentaba cambiala pero volvía.As pedras na miña man transmitían a friaxe do meu pensamento para trocarse mornas polos nervios.Soltéinas na mesa e unha pequeniña quedou no medio rodeada polas demáis.
-Desexo concedido,dixo o Sr.Plataz.
Ao día de hoxe aínda non sei si crer ou non porque o desexo que acudiu á miña mente foi non morrer soa.Desexo e espero tarde moito tempo en cumprise ou deixarse de cumprir.

35 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

O desexo pedido foi moi axeitado; pero o de ir tomalo te ás seis...non ten perdón de Dios!!!. Se eu fose ruso convidaríate a ensaladilla; que para eso podías vir máis tarde.

Foi moi fermoso o xogo das cortinas e o teu medio torso (ou torso enteiro) axexando pola fiestra. So me pregunto que roupa tendías cando o ruso te cachou.

Bicos dende a Chousa con cortinas vexetais (que empezan a escasear con estes ventos)

Artabria dijo...

Un bo desexo, aínda que eu engadiría que fora rápido e indoloro..........non te preocupes que xunto a ti vai haber moita xente que te quere..........(dentro de moito moitos anos, claro está)

Zeltia dijo...

pero ruliña...
se todo o mundo morre só!
non queda outra.
iso sí, na espera de que o sr. morte veña por nós, gústanos estar acompañados.

eu tamén quero ter un veciño que me convide a té (non me gusta moito, pero todo ten un prezo) e me fale de outros lugares lonxanos con acento raro.
mesmo son capaz de facer a colada máis a miudo -a miña veciña contrólame as veces que tendo sabas, así que non me queda outra que cambialas moitas veces para que non diga polo barrio que son unha porca-

Chousa da Alcandra dijo...

Oiga, señora Zeltia; e quen lle dixo a vostede que A Morte é un Señor?.
De tradición sempre foi unha figura femenina. Ou pola Coruña é doutra maneira o conto?

Raposo dijo...

Zeltia e Chousa: a morte non é señor nin señora, a morte é unha filla de puta.
Dito esto, Vermella, eu non me fiaría dun veciño que ten santos alados nas paredes.

Mar Arável dijo...

Não há morte

nem princípio

estamos sempre a ser

surpreendidos

Belo texto

Bjs

paideleo dijo...

Fermosísimo texto que dubido se é real ou o real pode gañar á ficción ?.

Olga S.Isidro dijo...

Aunque soy gallega, tarde un ratito en leerlo, pero...¡me encantó!
Biquiños.

Barreira dijo...

Aqui é cando un chega a conclusión de que é mellor ter fé en que se ha de cumplir. Dao por feito: desexo concecido.
Saudos.

mencía dijo...

Unha historia ben fermosa, e si o teu desexo é ise, que se cumpla.
O meu, con respecto a isto da morte, se cadra é un pouco mais ambicioso, porque o que eu desexo é morrer a tempo, que despois un retrásase e veñen as complicacións.
Bicos.

Anónimo dijo...

(SUS PALABRAS EN EL BLOG MENCIA). A mi me pasa lo mismo con usted "El ojo que todo lo ve" es lo mismo de anónimo que "Vermella" a mín a palabra anónimo dáme noxo,alguén que se agacha trás un adxetivo tan negativo e literalmente sen nome páreceme oscuro e de pouco fiar,acódate de M.Benedetti quen dixo:o anonimato é o escudo dos pusilánimes..
Y opinar de parte sin conocer el fondo( llamar chorizos y corruptos a un partido, el PSOE de su pueblo generalizando y hacerlo en los blogs) me llevo a demostrarle que su trabajo tampoco fue fruto de ninguna convocatoria plural, genralizar es malo. Yo soy del PSOE de su pueblo y no soy corrupto). No quisiera haber escrito en su blog pero aprenda a no solidarizarse con lo que desconozca. Y si es asi pande con las criticas, igual que usted critica para hacerse más "colega".

Arela dijo...

canto ruido e que poucas noces
(digo pola intervención anónima)

Manuel L. Rodrigues dijo...

mellor pasemos dos desexos que sempre nos levan a mal porto...

...que o día veña como ten que vir...

zeltia dijo...

ay, vermella, botáronte unha reprimenda,
qué dirías en contra do psoe, mullé

e polo da morte, que preguntaba chousa íalle respostar, pero despois de ler o que dí raposo non teño nada que engadir!

:-)

mencía dijo...

Podes eliminar o comentario e de paso activar a moderación de comentarios, que o tipo non che ten moito que facer e colleulle gusto á cousa.
Eu xa pensei en poñerlle un nome, porque non me soa ben nin anónimo, nin "el ojo que todo lo ve".
Así que de agora en adiante voulle chamar Pepiño, non! que igual se enfada pola similitude con Pepiño Blanco, mellor voulle chamar... Paquito.
Sinto que viñeran luxar o teu blogue pola miña culpa.
Bicos.

mencía dijo...

Por certo, deuda pagada, xa puxen a receita da bica.
Bicos.

Carlos Sousa dijo...

Pides tan pouco, e ó mesmo tempo tanto... sexa ou non sexa verdade, que se che cumpra. Seguro que vai ser así, aínda que lle pese a algún anónimo deses que non se atreve a poñer a cara. E iso que é do teu pobo.

En fin, o importante é non lle ter medo a morte (filla de puta), virá cando teña que vir.
Saúdos.

Chousa da Alcandra dijo...

Pois o Raposo falou, e falou ben; pero deixou claro que -sendo fillA de puta (a morte)- é femenino... ;-)

São dijo...

Gosto imenso de pedra e madeira.
Da morte, pois não tenho medo dela . Apavora-me , antes, o sofrimento.

Bicos.

zeltia dijo...

pois eu vexo "a morte" como un home, malia que o digamos en fiminino.
isa imaxen dos contos, das pelis, coa túnica e a gadaña, pois parece un monxe siniestro.

Suso Lista dijo...

Xa vo0lvín Doña Vermella. Non hai como un bo espoléo pra respirar ou facer algo.

Suso Lista dijo...

Ahora andas ti vagoneta, je je. BIco

paideleo dijo...

Como di a outra: cópiame e pégame con xeito. Todo o que teño na interrede é de uso libre.

Henrique Dória dijo...

Excelente.Voltarei sempre

Zeltia dijo...

qué adornando a casa para o nadal?
buscando recetas con que sorprender os convidados?

¿XA non vas contar historias NUNCA MÁIS?

~pi dijo...

a morte como a vida,

[ de preferência,

não-só :)





beijo





~

doutora Seymour dijo...

Esta xente con poderes sempre ten o as para matar o tres. O tema de que se cumpran ou non se cumpran os desexos non ten volta, sempre se cumpren, seica, o que pasa é que os que os piden non o saben. Hai que saber interpretar...

São dijo...

Que seja óptimo o teu Natal e feliz o teu novo ano, em companhia dos teus.

Um forte abraço, amiga!

Manuel L. Rodrigues dijo...

Parabéns vermella!!!! Que teñas unhas boas festas e feliz aninovo!!

Chousa da Alcandra dijo...

Feliz 2010

Luis Miguel Armas Moreno dijo...

Feliz año, Vermella.

木村拓哉Jason dijo...

That's actually really cool!亂倫,戀愛ING,免費視訊聊天,視訊聊天,成人短片,美女交友,美女遊戲,18禁,
三級片,後宮電影院,85cc,免費影片,線上遊戲,色情遊戲,日本a片,美女,成人圖片區,avdvd,色情遊戲,情色貼圖,女優,偷拍,情色視訊,愛情小說,85cc成人片,成人貼圖站,成人論壇,080聊天室,080苗栗人聊天室,免費a片,視訊美女,視訊做愛,免費視訊,伊莉討論區,sogo論壇,台灣論壇,plus論壇,維克斯論壇,情色論壇,性感影片,正妹,走光,色遊戲,情色自拍,kk俱樂部,好玩遊戲,免費遊戲,貼圖區,好玩遊戲區,中部人聊天室,情色視訊聊天室,聊天室ut,成人遊戲,免費成人影片,成人光碟,情色遊戲,情色a片,情色網,成人圖片區

zeltia dijo...

vou detrás do spam...
xa hai un ano que non vés por aquí?

Rolando dijo...

holla. muy legal aqui. apareça por la. abraços.

Mar e Lúa dijo...

Estou de acordo cos comentarios anteriores: a morte é unha filla de puta. Pero sabes por que? Porque a súa sombra, pendurando sobre nós coma se fose a espada de Damocles, a miúdo non nos deixa gozar da vida e apreciar o presente.
Un conto (ou non tan conto?) moi bonito