miércoles, 18 de junio de 2008

Conxuro



Coa mesma naturalidade que algúns de nós pediríamos que nós tocase unha lotería, ter boa saúde ou así, Mariña simplemente dixo: Quero un amante.

A meiga que atendía estas peticións non estaba preparada para tal encargo pero faría o posible .Consultou as súas devanceiras e estas dixéronlle que non era tan complicado, as mulleres levaban toda a vida pedindo o mesmo, chamárano como o chamaran. Paixón, amor e dedicación ían unidas na definición.
Ao ser ela unha meiga destes tempos fixo co consello o mesmo que calquera de nós, colleu o que lle parecía ben e rexeitou o resto. Tiña que admitir que lle sorprendía bastante que non lle pedira un noivo ou un marido,inda que por outra banda gustáballe o encanto e connotacións da palabra amante. Ela era unha fada ,unha bruxa boa que gustaba do prohibido. Lembraba cando as mulleres pedían un home, aquelas cantigas das romarías –“San Antonio bendito, dádeme un home, inda que me mate inda que me esfole-“. Por sorte como os santos as veces non cumplían, cando lle viña un encargo deses facíase a xorda. Non facía tanto tempo de todo aquelo , ou sí o facía porque ela levaba de meiga dende que o mundo é mundo. Reíuse coma unha tola cando acordou un aquelarre no que lle contaron o qué era a liberación femenina.

Todo o conxuro tiña que estar listo para a noite de San.Xoán, así que entre unhas cousas e outras tiña que darse présa .Escribiu no seu caderno os ingredientes necesarios para o ritual, as instruccións que tiña que seguer a demandante e memorizou as palabras que ela mesma debía decir no intre mesmo do conxuro .Debíalle explicar con moito coidado a importancia deste punto a súa benefactora, de non estaren sincronizadas as dúas o sortilexio carecería de valor, pero para eso estaban os móbiles. Unha semana antes citoúna as dez da noite nas fragas do Eume, Mariña aínda que intentaba disimular estaba nerviosa, alí diante dunha fogueira pequena e alumeante estaba o seu futuro..A meiga que para eso é sabichona de máis deulle unha infusión de loureiro romano, papoula e romeo .Beberon e deu comenzo o pacto co demo. A meiga espíuse e untóuse cunha manteiga olorosa que recendía a laranxeira, ordenoulle a Mariña que imaxinara ao seu amante, que lle dixera todo o que esperaba del.

Mariña pechou os ollos, ante ela un home cunha lingua que a bicaba na boca, nos peitos,nas coxas; rodeaba as súas mamilas convertíndoas en dous osos de cereixa.
Cas mans acarizouse, o seu dedo índice convertido en lingua dibuxaba ondas nas súas cadeiras, acariñaba o embigo e detíase sen présa na porta do seu sexo. Aquí o dedo maior axudaba ao índice e entre os dous acariciaban paseniño os labios da súa vulva. As meixelas acesas,os beizos húmidos e brilantes deixábanlle bastante claro á meiga o que Mariña quería.

Comenzou a instruíla nos preparativos: queimar un corazón de serpe,morder unha rama de carballo,mollar o pelo cunha mistura de estragón e lavanda, e por último pasar descalza por riba do lume. Todo este sortilexio debía repetilo ela mesma e soa na noite de San Xoán e saltar tamén unha larada , no intre mesmo de acabar de saltar debía avisa-la para poder así berrar a meiga as palabras secretas ao Demo e que el xa faría o resto...........
Despedíronse non sin antes prometerlle a meiga que o seu amante sería o máis solícito , engadindo:

Será teu,eternamente teu.

29 comentarios:

almayer dijo...

leí tu blog, luego el mío

después empezé por el mío y acabé en el tuyo

un juego de sinónimos

Chousa da Alcandra dijo...

Un dedo índice lingual, un dedo maior colaborador...Labios, meixelas, brilante humidade...
Diante do sortilexio do deseo as meigas son unicamente meros instrumentos.

(Ben sei que tes pétalos para facer a palangana da noite de San Xoán; pero conta cunha presiña dos meus!)

Un bico!!

Silvana dijo...

Bueno, bueno, bueno,... bonita historia e moi apropiada para San Xoán. Gústame esta vea erótica que amosas ... e pregúntome eu ¿qué pedirás ti para San Xoán?

Frida dijo...

Prometo non haber conxurado!! Todas deberíamos disfrutar dun amante con esas cualidades!!! Aínda que non hai que olvidar que todo pracer tamén trae dor.

Veca dijo...

Moi apropiado para estas datas.......

Só con estar nas Fragas do Eume, xa ten posibilidades de se convertir en realidade......

Bruxinhachellot dijo...

Un sortilegio de amor. Lindo cuento.
Besos de sol y de luna.

L&M dijo...

e as palavras secretas?

Silvana dijo...

Estou ... estou pensando ... o que pedirei eu por San Xoán .... en canto o sepa xa cho comunico para que logo descubras ti o teu desexo ... jajajaj.

Anónimo dijo...

Una de las acepciones de CONJURO es: Ruego encarecido.
Ruego encarecidamente por ese CONXURO, o da eternidade do amante.
Felicitaci�ns por este texto en galego.
Xa ves que o meu dominio da nosa lingua � inexistente.
Saudi�os a ti e ao de catorce.

O Profeta dijo...

Tu és um ser diferente...sente-se...

De pequena poça fiz um universo
Feito de sete estrelas do mar
Murmurou-me um búzio ao ouvido
O rumo para te encontrar


Bom fim de semana



Mágico beijo

Pau dijo...

Unha maravilla de conto. Podo eu tamen pedir algo para o S. Xoan??

vermella dijo...

Esa noite cando as meigas se preparen para os vosos conxuros,hai que reunirse ó redor do lume para brincar por riba del,dicindo:
"Salto por enriba
do lume de San Xoán
para que non me trabe
nin cobra nin can"

O lume novo purifica e libra das doenzas e as "feridas",tómanse as nove ondas na praia e recóllense as herbas de San xoán e pétalos de rosa para poñelos en auga e lavarse con ela pola mañá.Tamén de mañá é o momento de recoller a flor da auga e de erguer a vista ao ceo,pois o sol baila cando amanece e a pedir......

Mañanciña de San Xoán
mañanciña máis garrida,
que baila o sol cando nace
e ri cando morre o día.

Pedide,pedide que as meigas boas habelas hailas..
bicos a todos,eu tamén pedireí por vós,teño case unha petición por cada un,este ano as meigas están ao meu lado.
si alguén quere algo especial a pedir......

O Raposo dijo...

De seguro que non é a petición mais rara que lle fixeron a esa meiga. E un bó amante sempre é necesario.

d´Agolada dijo...

Boa historia, ven de cine para estas datas. Un saúdo

prometeo dijo...

Ya quedan horas para la noche. Que emoción. Suerte con tu encargo. Un amante para la eternidad... Ya quedan horas...
Delicioso relato. Sencillamente delicioso.

Zeltia dijo...

pois hai que ter tino cos desexos, que xa sabes que os carga o demo, coma as pistolas, e non vaia ser que se cumpla...

Mustafa Şenalp dijo...

hi
çok güzel site. :)

APÁTRIDA dijo...

Gustoume moito o texto, intentarei dibuxar ondas nas cadeiras, debe ser ben fernmoso.
Un saúdo

O Profeta dijo...

Hoje o Sol pintou de luz o verde
As hortênsias são nuvens na terra
Plantadas por um deus romântico
No sortilégio que esta ilha encerra


Um sol de vida


Um mágico beijo

paideleo dijo...

Gustoume o texto.

Rifo I de Zeuquirne dijo...

Fermoso texto e moi apropiado. Como o lin tarde, non puiden recitar ao saltar a fogueira esto que dis aquí arriba. mágoa.
apertas.

Silvana dijo...

Olvidei enviarte a pedida de San Xoán!!! Terei que esperar o próximo ano! Cachis, quedeime sin saber a túa. Aissssss!!!!

Anónimo dijo...

Bonito relato para una noche de meigas.
saludos y bico de un gallego del otro lado del mar.

Mar e Lúa dijo...

Pódesme pasar o móbil da meiga esa? É que este ano esquecín pedir desexo. Aquí, por onde vivo agora, máis que facer fogueiras tíranse petardos e cohetes, pero tiven a sorte de que ó meu lado había outra exiliada galega que estaba a facer unha queimada con conxuro e todo... ¡Que morriña!

Silvana dijo...

Pero por onde andas!!! Nos tes abandoados!!!! ¡Non estarás disfrutando do amante de San Xoán resucitado na tua parella!!!!! Anda, anda, non me sexas viciosilla e volve pronto ó blog!!!! (Xa sei que é porque estás de traballo ata os topes).

titofarpas dijo...

Está muito lindo...
Parabéns pelo blog
Beijos

Alfredinho dijo...

Acabo de coñecer o teu blog e esta historia acábame de deixar con moitas gañas de ler máis. Pasarei por aquí o máis a miúdo que poda.

Saúdos!

Suso Lista dijo...

Menos mal, que alguén pedío algo, por que eu, nada de nada. Bicos

A Conxurada dijo...

E tes o teléfono da meiga, e que eu o ano que ven quero un conxuro igual.